Entidade Promotora- Arquitectos Sen Fronteiras

IV. Áreas de intervención y líneas prioritarias

A filosofía de traballo fundaméntase en 4 eixes temáticos ou áreas de intervención interrelacionadas, todas elas prioritarias no proceso de integración social: a educación, a sanidade, tanto en estado físico como psíquico, a inserción laboral, como aspecto fundamental e principal mecanismo de integración social e desenvolvemento persoal e, por último, a habitabilidade, o dereito a un fogar e un ámbito axeitado que garanta o pleno desenvolvemento humano e social.

Desta forma pretendemos dar continuidade ao traballo realizado durante os últimos dous anos dende ASF-Galicia e, seguindo a metodoloxía de traballo, establecemos as seguintes liñas prioritarias:

- Loita contra a situación de exclusión e precariedade e, sobre todo, contra os efectos que ten sobre a poboación que a padece.

- Implicación de todos os axentes participantes, poderes públicos, técnicos e cidadanía: corresponsabilidade social da intervención.
-Traballo coordinado cos Servizos Sociais de Base e de mediación entre os recursos existentes, municipais e do Terceiro Sector, achegando as persoas aos recursos e viceversa, realizando un seguimento conxunto e un traballo complementario.

- Atención personalizada e específica dentro da diversidade poboacional e en cada área de intervención de forma coordinada.

- Promoción do traballo voluntario e fortalecemento da intervención con persoal especializado para optimizar a achega dos voluntarios e lograr un maior impacto nas actividades realizadas.

-Visibilización e enfoque intercultural desta complexa realidade como primeiro paso para combater o illamento e a segregación, favorecer unha convivencia intercultural e combater os prexuízos e pautas racistas.

- Traballo de empoderamento da poboación, traballando a motivación da poboación dende as fases iniciais de identificación e deseño da intervención así como contar coa súa participación durante todo o proceso. 

Comentarios

Publicacións populares