Entidade Promotora- Arquitectos Sen Fronteiras

III. Cooperación con outras entidades

É imprescindible a implicación de todos os axentes participantes, poderes públicos, técnicos e cidadanía. Trátase de achegar un traballo complementario aos servizos sociais de base, actuando como rede capilar que multiplica o alcance das accións grazas á achega do traballo voluntario.

Polo tanto, o obxectivo será traballar paralelamente e de forma coordinada cos técnicos locais xa implicado (traballadores sociais de base, técnicos, profesores e orientadores, terceiro sector…) para xuntar esforzos e xerar sinerxías de traballo óptimas.

O fenómeno da exclusión social trátase dun problema complexo que precisa unha perspectiva interdisciplinar para a súa abordaxe e unha diversidade de axentes que participen activamente en todas as fases dá intervención: na identificación, na formulación, na execución, no seguimento, na avaliación e na reformulación continuada nun proceso aberto.

Englobamos a diversidade de axentes ou actores en 3 grupos imprescindibles, cos cales contactamos e traballamos de forma coordinada, implicándoos no proceso de intervención e favorecendo a súa participación nalgunhas das actividades levadas a cabo por ASF-Galicia:

-Poderes públicos locais, comarcais e autonómicos con competencia nos distintos ámbitos de prestación de servizos ao cidadán onde se concretan as problemáticas dos colectivos excluídos.

-Técnicos: entidades profesionais do Terceiro Sector e técnicos da Administración.

-Cidadanía: colectivos en exclusión que serán os protagonistas, dinamizadores e articuladores do seu propio proceso de cambio, os movementos sociais e a cidadanía en xeral.

Comentarios

Publicacións populares