Entidade Promotora- Arquitectos Sen Fronteiras

II. Programas e  actividades  que leva a cabo

A ferramenta diferencial de ASF Galicia para acadar a misión de lograr un mundo xusto e solidario, é reivindicar o dereito ao hábitat como necesidade básica imprescindíbel para vivir con dignidade e seguridade, para desenvolver libremente a propia personalidade e para participar libremente na vida comunitaria.

ASF-Galicia considera que a vulneración deste dereito básico dana a integridade física e mental das persoas, a súa vida privada, familiar e social, o seu dereito ao traballo, á educación e a participación política e cidadán. 
Arquitectos Sen Fronteiras leva varios anos activando proxectos de acompañamento á poboación, asesoramento técnico e incidencia política nos asentamentos precarios  de A Coruña, co obxectivo de mellorar as condicións de habitabilidade que a poboación padece, e facendo seguimento dos problemas socias da comunidade.
Esta situación de carencia de vivenda prolongada no tempo xera unha problemática de exclusión social de carácter multidimensional que están a padecer milleiros de persoas que viven en asentamentos precarios e chabolistas urbanos en Galicia. Ante esta situación ASF entende a “Erradicación do Chabolismo”  como a satisfacción dun conxunto de necesidades que se deben encaixar dentro dun programa de accións que teñan como obxectivo a inclusión social, por elo o nome do proxecto que ASF desenvolve no marco da problemática chabolista de A Coruña leva o nome de “Programa de inclusión social en asentamentos chabolistas”.


Dende o de Grupo de Cooperación Local de ASF-Galicia lévanse a cabo accións de acompañamento á poboación, asesoramento técnico e incidencia política nos asentamentos precarios da Coruña, co obxectivo de mellorar as condicións de vida da poboación



Comentarios

Publicacións populares