IMPACTO-FITOS
Mulleres Colleiteiras nace o 8 de Marzo de 2013 e funciona como proxecto piloto dende o mes de abril de 2013. A fase de sensibilización previa é clave no éxito inicial da iniciativa. A posta en marcha de a experiencia Piloto no barrio de Monte Alto dá comezo de forma efectiva en Abril de 2013.

FITOS INTERNOS
En canto as traballadoras, son máis de 20 mulleres as que están participando de forma activa nesta iniciativa dende o seu inicio ata a actualidade, se percibir retribución ningunha, de forma completamente voluntaria.

Durante ese tempo, as mulleres participantes están a recibir formación específica en
áreas de xestión empresarial e ténicas de venda, entre outros. Así mesmo, traballouse por o empoderamento das traballadoras, implicándoas en todo o proceso organizativo e de implementación.

As súas funcións son, entre outras: organizar as quendas e calendarización, captación de novos puntos de recollida, atención ao cliente, asistencia a formación e reunións formativas... así como no traballo de cara ao público: asistir e impartir charlas, postos informativos, entrevistas de raio, reportaxes televisivas, captación de novos clientes...

Trátase dun proceso gradual de empoderamento e capacitación para a obtención de habilidades e profesionalización das traballadoras.

Neste sentido detéctanse múltiples avances e unha mellora significativa da implicación das mulleres no proceso e sobre todo, o incremento da autoestima e de actitudes activas.

FITOS EXTERNOS
En canto aos logros de carácter externo, destacar o impacto mediático (medios
televisivos, radiofónicos e prensa, que se poden consultar na memoria anexa) e na
cidadanía.
O obxectivo é lograr a implicación de todos os axentes participantes, poderes públicos,
técnicos e cidadanía de forma que actúe como rede capilar que multiplica o alcance das accións. Polo tanto, trabállase paralelamente para buscar colaboradores e xerar sinerxías de traballo óptimas:

- Administración pública:
Concello de Coruña e limítrofes

Deputación e Xunta de Galicia
Universidade de Coruña

EMALCSA e Edar de Bens
-Sector privado:
Xestor autorizado: empresa Reciflú, reciclaxe de fluídos e sólidos.
Erosky-Vegalsa: cesión de espazo para puntos de recollida

- Sector asociativo
Asociacións de Veciños: de Monte Alto, Os Castros, Os Rosais...
Fundación Ronsel, Fundación Paideia, Cruz Vermella
Institutos e colexios como vía de difusión e puntos de recollida.

FUTURO

O impacto social irase incrementando na medida que amplíen o seu ámbito territorial e a súa actividade, así como a súa capacidade para difundir a súa iniciativa e crear unha rede corporativa para compartir a súa experiencia e modelo con outras entidades, grupos ou espazos territoriais que inicien un Proxecto similar.

O ámbito de actuación territorial estenderase de forma gradual a outros barrios da
Coruña e Concellos limítrofes; incrementando a recollida a maior escala, en bares, restaurantes e grandes produtores, o que permitirá incrementar a produción e os postos de traballo, sempre de forma sostible e co obxectivo de reutilizar o residuo reciclado no ámbito local, co mínimo custo enerxético e económico.

Estudaranse ademais novas vías de mercado: tratamento e reutilización do aceite a cargo da propia empresa; recollida e reutilización doutros residuos ou a prestación de servizos relacionados.

Comentarios

Publicacións populares