PERTINENCIA DO PROXECTO


De tipo económico e ambiental: recollida selectiva do aceite

Na situación actual, a falta dunha recollida selectiva, o aceite doméstico que se verte polo vertedoiro, ocasionando altos custes de mantemento para as redes de sumidoiros e, sobre todo, para as instalacións das depuradoras que os procesan. Xa na depuradora, a auga pasa por unha serie de etapas de separación e filtración que inclúe a retirada de sustancias que quedan flotando, entre as que se atopa o aceite.

Desta separación se obtén un residuo graxo moi deteriorado que pode recibir distintos tratamentos pero que será moi pouco adecuado como combustible.   O seu destino pode ser o vertido, a incineración ou a compostaxe, pero incluso a compostaxe destas graxas sería moi problemático por estaren contaminadas.
Estas solucións non son ambientalmente satisfactorias.

Aínda tras esta etapa de desengraxado, na auga residual queda unha porcentaxe significativa (30% ó 40% aproximadamente) referida a graxas de partículas máis finas que pasan ás etapas posteriores e que representa o aceite vexetal que acaba chegando aos ríos, mares e acuíferos en xeral.

Por outro lado, o aceite doméstico que se verte polo vertedoiro, ocasionando altos custos de mantemento para as rede de rede de sumidoiros e para as instalacións das depuradoras que os procesan, supoñendo un gasto estimado de 2,40 € por cada litro de aceite vertido.

Si optamos por facer unha recollida selectiva do aceite, teremos un dobre beneficio, tanto económico como medioambiental:

- aproveitamos un recurso moi enerxético: o aceite podería utilizarse como biocombustible (aceite de elevado poder calorífico), o que evitaría a emisión de importantes cantidades de CO2 á atmosfera, pois é un combustible máis limpo que os fósiles. Deste xeito conseguimos a redución na xeración do residuo urbano procedendo á súa reutilización e reciclado.
- resolvemos o problema do vertido (custes de separación na depuradora, custes de tratamento do residuo graxo, problemas de contaminación ambiental na auga, etc.)

De tipo social e local: inserción socio laboral de mulleres en exclusión social e xestión local do proceso.
Para aumentar a rendibilidade da proposta e para dar cumprimento ao aumento da empregabilidade do colectivo en exclusión social co que traballamos, apostamos por un traballo manual e con baixo custe de
inversión fronte a unha solución de custosa inversión en tecnoloxía e de baixa empregabilidade.

“ Mulleres Colleiteiras” combina perfectamente a obtención de valor económico e a obtención de valor social e ambiental vinculados á implementación do proxecto. É ademais, un servizo para o cidadán que
actualmente non ten cuberta esta necesitade de desfacerse dun residuo contaminante.

Desta forma, a diferenza das iniciativas que están a funcionar mediante a recollida no sector da hostalaría, Mulleres Colleiteiras pon ao alcance do cidadán a posibilidade de reciclar este residuo dunha forma sinxela, e polo tanto supón unha vantaxe ao acceder a unha bolsa de demanda que non está a ser atendida.

Comentarios

Publicacións populares