COLABORACIÓN DO COLEXIO ANDAINA CON MULLERES COLLEITEIRAS

O pasado decembro, Mulleres Colleiteiras (repetindo a exitosa experiencia do curso anterior) impartimos unha charla sobre a nosa experiencia no Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras de 3º da ESO do Colexio Andaina. 

Foi un pracer para nós explicar a nosa experiencia emprendedora dende o proxecto de autoemprego Mulleres Colleiteiras, e responder ás preguntas que os alumnos plantexaron ao respecto. Ao mesmo tempo que lles explicamos a nosa longa traxectoria camiño de emprender, o noso obxectivo foi a sensabilización:

-Social: explicando dende a experiencia dunha das participantes as dificultades para conseguir un posto de traballo por conta allea nas súas circunstancias: o baixo nivel de estudos, os prexuizos das empresas para contratalas e a situación actual de crise económica. E explicando tamén que as gañas de saír adiante fixeron que as participantes veran a recollida de aceite coa forma de Cooperativa como unha saída laboral construida por elas mesmas, para acadar independenza. E percorrendo un longo camiño previo a constituir a Cooperativa para gañar autoconfianza e habilidades e poder afrontar o reto emprendedor.

-Medioambiental: explicando a importacia da recollida do aceite, para aforrar os custos da limpeza da auga na depuradora da cidade e evitar a contaminación das augas e as súas consecuencias. 

Deixamos aos alumnos embudos que quedaron encargados de facilitar aos seus compañeiros de escola á vez que, cun efecto multiplicador, eles contaron a nosa iniciativa e fomentaron a recollida de aceie nas semanas seguintes, grazas tamén ao colector instalado no centro, que se suma á recollida do aceite do comedor escolar, tamén en marcha dende o curso pasado.

O dito, moitas grazas pola oportunidade de compartir a nosa experiencia con estes mozos inquedos e grazas por cada gota de aceite!


http://www.andaina.com/index.aspx?IdIdioma=2&TC=1&IDInt=1&IdCon=2050

Comentarios

Publicacións populares