lunes, 9 de marzo de 2015

Charla de sensibilización no IES Xosé Neira Vilas de Oleiros


Hoxe expuxemos o proxecto de recollida de aceite Mulleres Colleiteiras a dous grupos de estudantes de 1º e 2º da ESO do IES Xosé Neira Vilas do Concello de Oleiros.

A charla, como sempre co dobre obxectivo de sensibilizar social e medioambientalmente, contou co visionado do audiovisual "Pedra, papel", unha pequena presentación sobre o proxecto de autoemprego Mulleres Colleiteiras e un chamamento final á colaboración dos estudantes e a comunidade educativa coa recollida do aceite das súas casas, que poderán depositar nun contenedor que colocaremos nos próximos días no centro escolar. Asimesmo, no centro está situada tamén estes días a exposición itinerante "Entre nós", coas imaxes realizadas por algúns dos fillos das Mulleres Colleiteiras no obradoiro de fotografía que levamos a cabo no primeiro trimestre do curso.

Esta charla, organizada co apoio da Concellería de Ensino e Xuventude, é a primeira das previstas en varios centros educativos do Concello, e con ela, o IES Xosé Neira Vilas, convertirase no pioneiro dos centros en inaugurar un punto de recollida de aceite doméstico usado da rede de Mulleres Colleiteiras.

Grazas pola colaboración e nas próximas semanas continuaremos instalándonos en Oleiros!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nos gusta saber qué piensas tú ¿te animas?