jueves, 23 de abril de 2015

Entrega dos premios ao voluntariado universitario da Fundación Mutua Madrileña

María, José e Bea, tres dos estudantes da Universidade da Coruña (UDC) premiados so segundo Premios ao Voluntariado Universitario da Fundación Mutua Madrileña (xunto a Julio e Iria) recolleron este martes 21 de abril en Madrid, de manos do ministro de Sanidade, Asuntos Sociais e Igualdade, Alfonso Alonso, o premio concedido.

Parabéns a todo o equipo de voluntarios do Grupo de Cooperación Local de Arquitectos Sen Fronteiras, aos 5 promotores da candidatura premiada, e a tódalas Mulleres Colleiteiras cuxo traballo conxunto acadou todos os logros ata agora conseguidos. Os 5000 € serán investidos no proxecto para poder continuar traballando pola inserción sociolaboral e o medioambiente, impulsando a Cooperativa de recollida de aceite doméstico e as futuras incorporaciones á mesma.

Deixamosvos a continuación algunhas das novas en prensa escrita e radio que recollen a noticia.

http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/04/21/alumnos-udc-reciben-premio-voluntariado/948772.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2015/04/21/universitarios-coruneses-destinan-premio-5000-euros-insercion-mujeres-poblados-chabolistas-coruna/00031429628966633226408.html

http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=1847846

http://www.cope.es/player/id=2015042014140001&activo=10  (min31)

GRAZAS POLO APOIO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nos gusta saber qué piensas tú ¿te animas?