A formación, grande aliada durante as nosas difusións

Dende finais do verán, co comezo do novo ano escolar, estivémonos a preparar unha charla didáctica para ir a centros educativos onde dar información e concienciar ás máis pequenas e pequenos acerca do reciclado do aceite doméstico. Para isto, preparamos diverso material, como presentacións adaptadas ás diferentes idades, vídeos explícativos do noso traballo, carteis, etc…

Detrás de cada exposición tamén existe un traballo de formación das nosas capacidades de expresión, coas que facer chegar mellor a nosa mensaxe. Esta formación consistiu en diversos ensaios e preparación antes da posta en escea, nos cales simulamos distintas situacións. Con elo chegamos a darnos conta da importancia que ten  esta parte do noso traballo e tarefas diarias. Non soamente recollemos o aceite, senón que é moi importante reforzar as nosas habilidades comunicativas e comerciais á hora de poder explicar o que facemos e a importancia da nosa labor.

Seguimos a aprender día a día, cunha experiencia que está a ser moi enriquecedora para todas!

Comentarios

Publicacións populares