jueves, 23 de abril de 2015

XORNADAS DE ENCONTROS ENTRE COOPERATIVAS

As mulleres Colleiteiras est´´an a participar nunha serie de encontros, as xornadas 'Coop é activas, procesos de autodesenvolvemento cooperativo' para a difusión do traballo cooperativo, organizadas polo Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, a ONGArquitectura Sen Fronteiras e varios concellos coruñeses.
 
En cada encontro participarán dúas cooperativas promovidas por Arquitectura Sen Fronteiras, o proxecto de autoemprego de reciclaxe de aceite de 'Mulleres Colleiteiras' e a cooperativa guatemalteca de materiais de construción 'B'eljuj Q'anil', xunto con outra cooperativa local de cada un dos concellos.
 
As tres cooperativas darán a coñecer o seu traballo e as súas iniciativas, rematando cun debate aberto onde intercambiarán experiencias e afondarán nos procesos de autodesenvolvemento comunitario a través do traballo cooperativo, tanto en contextos internacionais como locais.

En cada un dos encontros, a entrada será libre ata completar o aforo:


Concello de CULLEREDO 
16 de abril, 18 horas no Pazo de Melania de Vilaboa
 coa cooperativa local 'INDA iniciativas'
 adicada ao desenvolvemento económico, social e cultural
 

Concello de SAN SADURNIÑO
20 de abril 16:30 horas na Casa da Cultura
coa cooperativa local 'Tagen Ata' adicada á formación en liña 


Concello de BERGONDO
23 de abril, 18 horas no edificio sociocultural de A Senra
coa cooperativa local 'Lutega' adicadaao cultivo de lúpulo


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nos gusta saber qué piensas tú ¿te animas?