Política de Calidade e Sustentabilidade

Mulleres Colleiteiras S.Coop. Galega ten como principal obxectivo o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado, realizado por mulleres en situación de exclusión social, como medio para incorporarse ao sector formal de autoemprego, ofrecendo unha proposta eficaz ao problema dos verquidos de aceite nas cociñas e ao aproveitamento dun recurso altamente contaminante.

A Dirección de Mulleres Colleiteiras, convencida da necesidade de comprometerse con desenvolvemento e implantación do seu Sistema de Calidade e Sostibilidade establece a presente Política e asume os seguintes compromisos:

  • Implantación na organización da Mellora Continua como norma de conduta nos seus servizos. 
  • Implantar e manter os requisitos para a sustentabilidade e o balance de masas segundo o estándar ISCC a través do Sistema de Sustentabilidade desenvolto ao efecto.
  • Asegurar que as boas prácticas de xestión establecidas no Sistema de Sustentabilidade son aplicadas en todas as etapas do proceso, especialmente nos puntos críticos de control.
  • Levar a cabo inspeccións regulares do Sistema de Sustentabilidade para verificar o cumprimento do estándar ISCC.
  • Designar unha Responsable ISCC coas funcións de implementar e manter a Sustentabilidade así coma o balance de masas.
  • Establecer e manter un sistema de rexistro.
  • Cumprir cunhas condicións de traballo seguras e cos dereitos humanos e laborais.
  • Cumprir coa lexislación aplicable e cos tratados internacionais relevantes.
Este compromiso é o pilar fundamental da xestión de Mulleres Colleiteiras, coa fin última de garantir unha xestión eficaz e ordenada, co cumprimento escrupuloso da legalidade e dos compromisos contractuais, todo iso orientado a dous obxectivos claros, a Sustentabilidade do produto e a mellora continua dos procesos.

Comentarios

Publicacións populares