AMPLIAMOS PRAZO PARA QUE NOS PODADES ENVIAR O VOSO APOIO COMO AVALISTAS

DATA TOPE: VENRES 13 DE MAIO!!!

AÍNDA NON SUBSCRIBICHES O TEU AVAL?

COMO PODES COMUNICARNOS A SUBSCRICIÓN DE AVAIS MANCOMUNADOS?

Por teléfono608549354
Por correo electrónicomullerescolleiteiras@gmail.com


COMO SE FORMALIZA O AVAL MANCOMUNADO ?

Enviándonos o documento de aval de persona física ou documento de aval de entidade cumprimentado e asinado (en formato dixital de forma preferente) xunto co Dni ou CIF (en caso de entidade, ademáis do certificado de acordo), e enviándoo por correo electrónico a mullerescolleiteiras@gmail.com

No caso de que non podas asinar o aval de forma electrónica, envíanos por correo postal o documento orixinal de compromiso de aval a:

Rúa O Barbanza, nave 9, Pol. Ind. Iñás, 15171, Oleiros, A Coruña


ANTES DO VENRES 13 DE MAIO!!!

Xuntas podemos facer cousas que por separado sería máis difícil !!



Préstamo a avalar: Importe : 25.000,00 euros Prazo : 4 anos

Finalidade : Financiar a compra dunha furgoneta nova, en substitución da primeira que tivemos e que temos que dar de baixa xa que está moi deteriorada polo uso.

Avais mancomunados:

Importes de subscrición : Avais entre 300 € e 5.000 € por avalista.

Período de vixencia do aval De Maio 2022 a Abril de 2026 (período inicial de vixencia do empréstito) 

Qué son os avais mancomunadosGarantía que Coop57 solicita para a concesión do préstamo

Un compromiso con MULLERES COLLEITEIRAS que NON supón desembolso de diñeiro

A súa natureza mancomunada supón que o importe total do préstamo divídese de forma proporcional entre todas as persoas avalistas.

Son persoais e non patrimoniais


Comentarios

Publicacións populares