Participación en Charity Shop VENTO

O sábado 11 de outubro as Mulleres Colleiteiras participamos na Charity Shop VENTO, un evento organizado pola Asociación de Jóvenes Empresarios en colaboración coa Asociación de Veciños do Ventorrillo, a Junta de propietarios do Centro Comercial Ventorrillo e o Concello da Coruña. O obxectivo do evento é doble: a recuperación do antiguo centro comercial para reconvertilo en Centro de Actividades e revitalizar o espazo, e o apoio a 25 organizacións da cidade. 

Durante a xornada o espazo convirtiuse nunha tenda efímera na que o público atopou ropa vintage, productos artesanais, ecolóxicos, de comercio xusto, de segunda mán e reciclados... 

No corner de Mulleres Colleiteiras aproveitamos para dar a coñecer o proxecto, informar sobre a instalación de puntos de recollida no Agra e o Ventorrillo nas próximas semanas, e facer novos contactos. Tamén ofrecemos información sobre os proxectos de Arquitectos Sen Fronteiras en Cooperación Internacional en Guatemala e tivemos á venda varios productos para financiación da organización.

Unha bonita experiencia para comezar a darnos a coñecer no barrio! 




Comentarios

Publicacións populares