A formación, grande aliada durante as nosas difusións
Dende finais do verán, co comezo do novo ano
escolar, estivémonos a preparar unha charla didáctica para ir a centros educativos onde dar
información e concienciar ás máis pequenas e pequenos acerca do reciclado do
aceite doméstico. Para isto, preparamos diverso material, como presentacións
adaptadas ás diferentes idades, vídeos explícativos do noso traballo, carteis,
etc…
Detrás de cada exposición tamén existe un
traballo de formación das nosas capacidades de expresión, coas que facer chegar
mellor a nosa mensaxe. Esta formación consistiu en diversos ensaios e
preparación antes da posta en escea, nos cales simulamos distintas situacións.
Con elo chegamos a darnos conta da importancia que ten esta parte do noso traballo e tarefas
diarias. Non soamente recollemos o aceite, senón que é moi importante reforzar as
nosas habilidades comunicativas e comerciais á hora de poder explicar o que
facemos e a importancia da nosa labor.
Seguimos a aprender día a día, cunha
experiencia que está a ser moi enriquecedora para todas!
Comentarios
Publicar un comentario
Nos gusta saber qué piensas tú ¿te animas?