Van en bikke difunden o noso traballo na cidade de A Coruña!
O pasado 6 de novembro Mulleres Colleiteiras e
a empresa de mensaxería Van en Bikke comezamos a colaborar nunha iniciativa de
difusión e concienciación para a cidade de A Coruña. Dende agora as mensaxeiras
e mensaxeiros entregarán á xente usuaria do seu servizo embudos e folletos
informativos sobre os puntos de recollida e proceso de reciclado.
imaxe recollida da noticia do diario La Opinión Coruña |
Cremos na colaboración entre todas na procura
dun mundo máis limpo, contribuindo a xerar economías locais e de proximidade
nas que a mensaxería mediante medios de transporte eficientes sexa unha
realidade. É por iso que estamos moi contentas desta nova, esperando que
persoas que ata o de agora non coñecían a nosa cooperativa estén mellor
informadas.
Esta iniciativa parece ter moi boa acollida e fomos noticia fai unha tempada no diario La Opinión Coruña con unha noticia que podedes consultar aquí.
Comentarios
Publicar un comentario
Nos gusta saber qué piensas tú ¿te animas?