Actualizando o blogue e comunicándovos novidades!

Boas, compas!

Se nos seguides por outras redes sociais, saberedes que neste último ano estamos a ter moitísimas actividades de difusión. Estamos ampliando a rede, coñecendo moitas outras iniciativas de fomento da economía circular e que poñen o foco nas persoas. O noso blogue non estaba sendo espello de toda esta actividade, e agora comezamos  un proceso de mellora, engadindo novas funcións e contándovos algunha que outra nova. É por iso que agora dende aquí podedes consultar o noso facebook e twitter, que aparecen despregados no lateral dereito desta plataforma. Para ver as nosas imaxes de instagram, ao final desta páxina de novas podes acceder a elas.

Imaxe de El País, Oscar Corral


Moitas grazas por lernos, e para rematar deixámosvos con este artigo publicado no diario El País, no que se afonda na nosa traxectoria. Nel publicouse a foto que podes ver arriba, na que saímos o equipo actual do que xa formamos parte cinco mulleres.

Ata a próxima e vémonos reciclando!

Comentarios

Publicacións populares