Saímos no Programa da TVG Vivir Aquí

 No seu programa número 40, o equipo de Vivir Aquí da Televisión de Galicia pasouse pola nosa nave de Oleiros para coñecer o noso día a día. Dende alí seguíronnos nunha das nosas rutas, e entrevistáronnos ás diferentes integrantes da cooperativa, a persoas fundamentais na conformación de Mulleres Colleiteiras e a persoas que dende os seus establecementos hosteleiros depositan en nós a súa confianza para que reciclemos o seu aceite vexetal usado.

Se tes curiosidade por coñecer as caras detrás deste proxecto, pásate polo seguinte enlace. Saímos a partires do minuto 01:24.

https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/vivir-aqu-semanal-40-5208344?t=680

Comentarios

Publicacións populares