Temos nova furgoneta!

 Por fin podemos amosarvos a nova furgoneta coa que percorreremos as rúas e estradas na procura do voso aceite!









Este novo vehículo ten varias peculiaridades. A primeira é o seu combustible: será quen de desprazarse grazas ao biogás que se está a extraer na EDAR de Bens. Este combustible, que xurde da fermentación e procesamento das augas residuais da cidade da Coruña, será suministrado pola EDAR como parte do convenio que vimos tendo nos últimos tempos. Isto demostra o compromiso da estación depuradora de afianzar o noso proxecto, motivo polo que non podemos estarlles máis agradecidas.  

Outra das características novidosas da furgoneta é que conta cunha nova rampa adaptada que nos facilitará o proceso de carga. Como sabedes, deixades moitos centos de quilos de aceite nos contedores, e as nosas costas reséntense! Agora poderemos traballar máis cómodas.  

Esta furgoneta e a súa rotulación (para que nos vexades ben e nos recoñezades sen dificultade! ) foron posible grazas ao traballo de moitas mans, incluidas nós, todas as traballadoras de Colleiteiras. A fundación EMALCSA, que cre na importancia da recuperación do aceite doméstico antes de que chegue ás augas, e a EDAR, son colaboradoras imprescindibles. Sen elas, non poderiamos contar con este elemento, indispensable no noso traballo diario de recollida e traslado do aceite á nosa nave. 

Tamén agradecemos a todos aqueles concellos que nos apoian e nos que recollemos o aceite. Por suposto, ao da Coruña, que nos viu nacer como cooperativa! 


Estamos moi contentas, como podedes comprobar neste último vídeo que vos compartimos. 



Atendede ás rúas, que imos! 

Comentarios

Publicacións populares