CAMPAÑA DE AVAIS MANCOMUNADOS

AS MULLERES COLLEITEIRAS

iniciamos unha campaña de avais mancomunados para solicitar financiamento a COOP57 :

outra forma de financiar!

Queres ser parte das garantías dun Proxecto de Economía Circular, Cooperativo, formado por Mulleres e adicado ao coidado do medio?


Mulleres Colleiteiras S. Coop. Galega é unha cooperativa sen ánimo de lucro formada por mulleres con dificultades para acceder ao mercado laboral. A actividade principal da empresa é a recollida e xestión dun residuo altamente contaminante: aceite vexetal usado (doméstico) e a difusión do proxecto, da economía social e circular e a reciclaxe. Somos transportistas, xestoras e axentes de residuos non perigosos, ademáis de estar certificadas en ISCC e ISO 9001. 

Nace do traballo desenvolvido durante anos nos asentamentos chabolistas da cidade da Coruña por persoas voluntarias de ASF (Arquitectura sen Fronteiras), ong promotora e socia colaboradora da nosa cooperativa.

Somos socias de Espazocoop e de Coop57, entidades que nos están apoiando nesta campaña.




INFO DA CAMPAÑA


Préstamo a avalar: Importe : 25.000,00 € Prazo : 4 anos

Finalidade : Financiar a compra dunha furgoneta nova, en substitución da primeira que tivemos e que temos que dar de baixa xa que está moi deteriorada polo uso.

Avais mancomunados: Qué son os avais mancomunados? Garantía que Coop57 solicita para a concesión do préstamo. Un compromiso con MULLERES COLLEITEIRAS que NON supón desembolso de diñeiroA súa natureza mancomunada supón que o importe total do préstamo divídese de forma proporcional entre todas as persoas avalistas.
Son persoais e non patrimoniais

Importes de subscrición : Avais entre 300 € e 5.000 € por avalista.

Período de vixencia do aval : De Maio 2022 a Abril de 2026
Prazo para comunicarnos a vontade de subscrición: VENRES 6 de MAIO DE 2022

Coordinación e xestión: MULLERES COLLEITEIRAS, S. COOP. GALEGA

COMO PODES COMUNICARNOS A SUBSCRICIÓN DE AVAIS MANCOMUNADOS?
Por teléfono: 608549354
Por email: mullerescolleiteiras@gmail.com

COMO SE FORMALIZA O AVAL MANCOMUNADO ?
[PASO 1] Comunicar a Mulleres Colleiteiras, s. coop. galega a vontade de subscribir un aval, até o venres 6 de maio.
[PASO 2] Solicitaremos a cada avalista o documento de compromiso de aval cumprimentado e asinado en formato dixital de forma preferente , xunto co Dni ou CIF, a enviar por correo electrónico a mullerescolleiteiras@gmail.com. No caso de que non poida asinar o aval de forma electrónica, enviar por correo postal o documento orixinal de compromiso de aval a: Rúa O Barbanza, nave 9, Pol. Ind. Iñás, 15171, Oleiros, A Coruña

ANTES DO LUNS 9 DE MAIO!!!

Xuntas podemos facer cousas que por separado sería máis difícil !!!


MÁIS INFORMACIÓN
nestes enlaces:
Preguntas máis Frecuentes, FAQs para avalistas | FAQs, neste enlace

DOCUMENTOS DE AVALISTAS:
AVAL PERSOA FÍSICA
AVAL ENTIDADE CERTIFICADO ACORDO ENTIDADE

Comentarios

Publicacións populares