DESCRIPCIÓN DO PROCESO
Seleccionamos a recollida de graxas domésticas como principal residuo urbano a xestionar, por non existir aínda unha recollida selectiva deste produto e seren un campo aínda sen controlar por grandes empresas e sen concesionar por parte dos Concellos, e realizamos o estudo de viabilidade vinculado ao autoemprego para as mulleres.
Nesta fase previa trátase de desenvolver un proceso inicial moi
intenso de aprendizaxe social e organizativo, ademais do empoderamento que
permita ás mulleres sentir a alternativa de autoemprego creada como propia e
xestionada baixo a súa responsabilidade.
EXPERIENCIA PILOTO NO BARRIO DE MONTEALTO
Froito da necesidade de por en práctica esta experiencia para
analizar e valorar posibles problemas, debilidades, fortalezas, etc. e coñecer
ademais a opinión dos/das participantes e dos traballadores/as…
Contactouse coa Asociación de Veciños do barrio de Montealto para
por en marcha a iniciativa.
A idea desta proba é poder testear a organización do traballo, o
método e as aptitudes das mulleres para a recollida do aceite, así como coñecer
as valoracións dos veciños/as en relación ao proceso de recollida.
Os resultados desta iniciativa maniféstase por un lado na
poboación obxecto e as participantes, con máis de 20 mulleres; o impacto
mediático (medios televisivos, radiofónicos e prensa) e na cidadanía.
A posta en marcha da experiencia Piloto no barrio de Montealto dá
comezo de forma efectiva en Abril de 2013.
A disposición por parte da Asociación de veciños permite o
contacto coa cuidadanía que acolle o proxecto como propio e valoran o aspecto
social e ambiental así como o servizo prestado.
A colocación dos puntos de recollida ten un efecto inmediato,
comezando a recollida de forma rápida. Así mesmo, o contaxio da iniciativa a
outros barrios e persoas, que demandan este servizo é palpable, manifestando o
seu interese expreso dende colexios, asociacións de veciños e concellos
limítrofes.
Actualmente, están en funcionamento 15 colectores, distribuídos fundamentalmente
en Monte Alto, e noutros 3 puntos estratéxicos fóra do barrio.
A planificación pretende realizar un proceso de implementación
gradual, no cal se irán desenvolvendo as etapas de acordo coa experiencia dos
implicados/as, os resultados obtidos e os medios dispoñibles; coa idea de que
as traballadoras se vaian formando progresivamente, ao mesmo tempo que melloran
e consolidan as súas capacidades. Deste xeito, preténdese acadar o obxectivo de
crear un modelo empresarial viable, sostible e coherente coa realidade ata
ofrecer un servizo integral de recollida reutilización do, tratamento e aceite
recolectado.
PROCESO PARTICIPATIVO
Durante todo o proceso de creación da empresa, contase coa implicación e participación das mulleres dende a fase inicial, asistindo ás reunións informativas e de organización, así como as xornadas formativas de capacitación necesarias para levar a cabo a actividade.
Preténdese con isto, construír conxuntamente unha iniciativa propia das mulleres traballadoras, cunha visión estratéxica e loxística adaptada ás súas competencias.
O grupo de mulleres colleiteiras, participa activamente de todos os procesos que atinxen a posta en marcha desta proposta. Este punto é especialmente importante de cara ao obxectivo principal do proxecto que é que sexan as xestoras da empresa, incrementando progresivamente as súas responsabilidades en función das capacidades adquiridas.
Promóvese a motivación polo cambio e pola mellora das súas condicións de vida, fomentando as actitudes pro-activas de inserción social fronte ás actitudes pasivas de continuidade da dependencia e da exclusión.
Nesta fase previa trátase de desenvolver un proceso inicial moi intenso de aprendizaxe social e organizativo, ademais do empoderamiento que permita ás mulleres sentir a alternativa de autoemprego creada como propia e xestionada baixo a súa responsabilidade.
Comentarios
Publicar un comentario
Nos gusta saber qué piensas tú ¿te animas?