Entidade Promotora- Arquitectos Sen Fronteiras
V. Contexto da intervención
Entre os anos 50 e 60 tivo lugar en España un proceso de sedentarización por parte da poboación xitana, que obecedeu ás transformacións producidas na estrutura social e económica da sociedade. Esta sedentarización deuse nomeadamente nas zonas urbanas na busca de alternativas económicas e laborais.
Entre os anos 50 e 60 tivo lugar en España un proceso de sedentarización por parte da poboación xitana, que obecedeu ás transformacións producidas na estrutura social e económica da sociedade. Esta sedentarización deuse nomeadamente nas zonas urbanas na busca de alternativas económicas e laborais.
Os
asentamentos supuxeron a posta en marcha de algúns mecanismos, escasos, de cara á integración social, como puido ser
a escolarización, pero tamén un debilitamento
do colectivo e da súa cultura, isto provocou un desaxuste que aínda hoxe
está sen resolver en moitos casos.
Nos
anos 60, no caso de A Coruña, comezaron a implantarse algunhas medidas
municipais de realoxo en zonas
periféricas que deron nacemento a asentamentos de infravivendas que aínda
perduran hoxe, como é o caso do barrio do Campanario en O Portiño; outras familias quedaron ao marxe deste
planes e seguiron nos asentamentos de chabolas. Posteriormente, nos anos 80, co
motivo da construción dunha grande superficie comercial, desmantelouse o asentamento de chabolas que
existía na zona de A Cubela, orixinando a creación de 3 novos asentamentos
precarios: Penamoa, As Rañas e A Pasaxe.
As Rañas, froito dunha iniciativa
particular da familia xitana Gabarri- Borja e mostra do seu desexo de
normalización coa compra duns terreos no núcleo de Martinete-As Rañas no ano
1986.
O poboado está formado por
84 persoas distribuídas en 22 núcleos familiares, todas elas son descendentes
da matriarca, María Borja Gabarri. Nas Rañas a integración social é forte e,
aínda que o nivel educativo das familias é baixo, cunha porcentaxe
significativa de adultos sen alfabetizar, todos os nenos desta comunidade están
escolarizados no colexio Manuel Murguía. As actividades laborais dos poboadores
son principalmente a venda ambulante e a compravenda de chatarra.
A Pasaxe, onde se aloxaron xitanos
convivindo con mercheros e portugueses, procedentes da rexión de Tras os
Montes, nas naves abandonadas da “Conserveira Celta” e de “Jabones la Toja”.
Este asentamento perdura dende os anos 80 ata día de hoxe, apartado da sociedade e envolto nun alto grao
de vulnerabilidade e exclusión social.
A parcela caracterízase pola
existencia de naves industriais en actividade (conxelación e reparación de
automóbiles) e as ruínas das antigas construcións onde se aloxaba a poboación
de etnia xitana de orixe galego e a de orixe portugués. Na actualidade se
sitúan a maioría das familias orixe galego na franxa costeira ao borde da ría e
as familias portuguesas nos terreos que se extenden entre a ría e a vía de
ferrocarril ao oeste aloxados en chabolas organizadas en ringleiras paralelas á
antiga nave de Jabones La Toja, afectada por perigo de derrumbe.
Según os datos extraídos no
actual proceso de realización do censo por parte de ASF-Galicia, viven de forma
permanente no asentamento da Ponte Pasaxe un total variable (según as obrigas
das súas ocupacións informais) entre 45 e 50 unidades de convivencia, 13 de
elas son de etnia xitana de orixe galego e o resto de orixe portugués, cunha
poboación total que ronda as 150-200 persoas con máis de 50 nenos (menores de
13 anos).
As condicións de
habitabilidade están moi por debaixo dos standares mínimos reconocidos polo
Comité Hábitat de Nacións Unidas provocando graves problemas de salubridade e
de saúde que están afectando a cotío á poboación e ás condicións
medioambientais da contorna o que supón unha situación de emerxencia
humanitaria.
As actividades laborais ás
que se dedica a poboación son de carácter informal ligadas ao marisqueo, á
chatarra e a venda ambulante. É minoritario o número de persoas que dispón de
carné de mariscador (menos de 10 persoas).
Aínda que todos os nenos e
nenas estean escolarizados, resulta alarmante a elevada porcentaxe de
absentismo e abandono escolar así como analfabetismo en adultos.
Comentarios
Publicar un comentario
Nos gusta saber qué piensas tú ¿te animas?